QUE?

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

POR QUE?

Porque queremos favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

COMO?

A través das seguintes accións:

1️⃣ Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.

2️⃣ Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.

3️⃣ Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).

4️⃣ Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

PARA?

As persoas destinatarias do programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    • Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
    • Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
    • Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.
    • Para a edición 2021 deste programa ofertáronse 350 prazas!

CANDO?

    • As accións do programa na edición 2021 desenvolveranse entre os meses de outubro e decembro.
    • O proceso de inscrición das persoas mozas participantes estivo aberto desde o 6 de agosto ata o 15 de setembro de 2021 a través dun formulario en liña dispoñible nesta web.
    • Podes ampliar información e consultar a listaxes de persoas definitivamente seleccionadas neste enlace
Consulta neste enlace as bases do programa.
Consulta neste enlace a adenda pola que se acorda a ampliación de prazos para a presentación e revisión de solicitudes.

Entidades Colaboradoras

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo