Cursos dispoñibles

As soft skills permiten mellorar, crecer e destacar, tanto a nivel persoal como profesional. Ademais da información técnica e profesional que apareza reflectida nos currículos, estas competencias xogan un papel verdadeiramente importante nos procesos de recrutamento e poden chegar a condicionar a decisión dos recrutadores; por iso é moi importante adestralas e traballar nelas cada día, aínda que sexa un 1% de mellora.

As Soft Skills fan referencia a aquelas competencias que dan capacidade á persoa de motivar e traballar en equipo e, tamén, nun sentido máis amplo, a aqueles trazos do carácter que fan a unha persoa. Normalmente, as Soft Skills poden dividirse en dúas grandes categorías: as habilidades interpersoais e as competencias sociais.

En moitas ocasións, as Soft Skills acaban xogando un papel realmente importante na selección de persoal. As entrevistas adoitan ser determinantes, especialmente naqueles casos nos que hai varios candidatos con habilidades e experiencia similares.

Hoxe en día as organizacións déronse conta da importancia de ter persoas cun alto desenvolvemento dos seus Soft Skills nos seus equipos, persoas capaces de achegar valor con iniciativa, actitude positiva, capacidade para traballar en equipo, liderar e resolver conflitos.

Aínda que puidese parecer que LIDERADO e COMUNICACIÓN son dúas materias diferentes entre si, a realidade é que á hora de relacionarnos con persoas, a conexión entre ambas é directa e nítida. Xa sexa no momento de dinamizar alumnos (que é o caso que nos ocupa) ou de cara a promover acción noutras persoas (empregados, clientes, amigos, familiares…), esa comunicación coas indicacións precisas do que queremos lograr, cobra máis sentido se quen a promove é unha persoa que vén revestida dunha certa autoridade, dun certo liderazgo.

Neste módulo imos sentar as bases da comunicación eficaz, pero non podemos obviar a parte previa consistente en dotar ao comunicador dun halo de prestixio que logre impacto en base á súa reputación e non á imposición formal das directrices derivada dun cargo superior aos demais.

O módulo centrará o enfoque na relación profesor-alumno, pondo exemplos moi próximos a quen recibe esta formación en todos os casos que sexa posible.

A importancia da Procura Activa de Emprego radica en levar a cabo unha serie de pasos, adestrar unha serie de actitudes, interiorizar conceptos e recursos para saber manexarse e poder lograr unha óptima inserción ou reinserción laboral. Para que é importantísimo coñecer a evolución dos mercados laborais, aprender a elaborar un plan de acción para a difusión do perfil profesional e sobre todo investigar o propio perfil profesional.

Este curso ten como obxectivo que o alumnado identifique os criterios para ordenar e elaborar os distintos apartados do CV dacordo cos requisitos do mercado laboral e as propias competencias.

Está distribuído en tres partes nesta plataforma Moodle:

1. Unha parte en directo a modo de resumo na que se tratarán os seguintes contidos:

  • Estrutura xeral do CV.
  • Resumo dos traballos previos á realización do CV.
  • Exemplo de análise de oferta de emprego (as palabras clave).
  • Realización dun CV en Word dende cero.
  • Apartados do CV:
      • Información persoal
      • Formación académica
      • Experiencia profesional
      • Habilidades ou aptitudes
      • Idiomas
      • Informática ou ferramentas dixitais
      • Datos adicionais
  • Tipos de CV segundo o contido e a forma.
  • Visualización e comentario xeral dalgúns CV (CV cego, Europass, CV infográfico,…)

2. Unha parte en diferido na que se desenvolven en seis módulos os contidos anteriores máis polo miúdo a través de presentacións locutadas, así como as correspondentes presentacións en PDF.

3. Información adicional de carácter voluntario para as persoas participantes sobre: plantillas, carta de presentación; modelos de CV (vídeoCV, creativos, infográficos, tradicionais, Europass, cego, etc.); a técnica do “Discurso de Ascensor” (Elevator Pitch) como recurso para a descrición do perfil profesional tanto de forma verbal coma escrita, etc.

As TIC facilítannos numerosas posibilidades de interacción e xestión da nosa procura de emprego. Dende ferramentas que nos permiten tomar o control da nos busca activa de emprego, á apps que nos posibilitan xestionar e postularnos a distintos postos de traballo; a realización do noso curriculum de xeito mais ou menos creativo ou diferenciador ata a posibilidade de manter entrevistas dende a casa mediante un sistema de vídeo conferencia. Todas estas posibilidades poden marcan en determinados momentos o éxito ou fracaso da nosa estratexia e xestión da nosa busca activa de emprego.

O descoñecemento das posibilidades das TIC xera unha dobre problematica, por un lado aumenta a fenda dixital e por outra sitúa ás persoas en inferioridade de condicións á hora de participar de forma activa na sociedade e por extensión nos procesos de procura de emprego.

Neste curso se recollen os puntos chave necesarios para coñecer e empregar as posibilidades das TIC na xestión e procura de emprego.

Actualmente, as posibilidades da tecnoloxía son postas en práctica en múltiples accións do noso día a día e aceptadas por persoas e empresas como medio de comunicación e interacción. Neste eido, as corporacións mais adiantadas desenvolven estratexias de Nethunting o recrutamento 2.0 a través das que constitúen comunidade e captan talento na Rede.

Por extensión, as persoas candidatas, teñen unha excelente oportunidade de dialogar, de forma natural, e nun entorno neutral, e poñer en valor a súa creatividade, autoridade e competencia na súa área profesional. É nesa contorna onde pequenos detalles nos nosos perfís e presenza na Rede poden marcar a diferencia entre xerar interese ou non, por iso é relevante o coidado da nosa identidade dixital e da nosa reputación online.

Por outra banda a nosa participación no marco dixital, marca a forma na que nos relacionamos cos demais e a pegada que deixamos no marco da nosa interacción. Comprender a súa importancia e utilidade é fundamental para a nosa estratexia de procura de emprego.

Coa presente formación, trataremos de clarificar en que consiste ter iniciativa emprendedora, definir algunhas características desexables para o emprendedor e traballar algúns aspectos iniciais a considerar cando nos xorde unha idea de negocio.

A idea é o xerme de calquera proxecto empresarial, xa sexa esteamos a falar dunha nova unidade de negocio para unha empresa consolidada ou ben dunha startup.

Pero sen dúbida, fai falta moitísimo máis para a idea é o comezo, hai moitísimo máis para converter unha boa idea en ter un bo negocio. Múltiples factores (tanto internos como externos) son os que inflúen no éxito ou fracaso dunha idea empresarial. tanto internos como externos.

Durante esta clase trataremos todos estes factores, coñeceremos como debemos pasar dunha simple idea a unha posible idea de negocio e coñecernos as ferramentas e procesos máis recomendados para levalo a cabo.