TES VOCACIÓN DE MENTOR OU MENTORA?

QUE?

COMO?

1. Partindo da túa experiencia poderás axudar a mellorar aos mozos e mozas nas súas competencias para o emprego e o seu enfoque de desenvolvemento profesional, asesorándoas en relación ao mellor xeito de
acadar a súa inserción laboral, xa sexa por conta allea ou propia.

2. Sendo unha persoa profesional, con preparación e experiencia no teu sector e do mercado laboral actual, e con certo tempo para este labor de mentoría.

3. Mantendo aproximadamente 4 reunións con cada persoa moza á que apoies de maneira presencial
ou virtual, e todo coordinado co equipo técnico do programa.

4. O labor de mentoría é voluntario. En todo caso, a organización do programa poderá compensar ás
persoas mentoras os gastos de desprazamento que poidan derivar do seu labor, de habelos.

QUE?

Xuventude Méntoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas con titulación universitaria ou de formación profesional, co obxectivo de favorecer a súa transición á vida laboral.

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020.

Coa túa achega como persoa mentora esperamos que as persoas mozas participantes clarexen o seu obxectivo profesional, reforcen a súa autoestima e perfil, realicen networking aumentando a súa rede de contactos e melloren así as súas expectativas na busca de emprego.

CANDO?

Se queres adherirte faino a través do seguinte formulario

Se requires ampliar información, escríbenos a mentoring@cixug.gal.

Especificar, se procede, o nome da empresa ou entidade colaboradora
Indique o tipo de documento de Identidade
Click or drag a file to this area to upload.